Tuesday 30 de April de 2024

Alternativa dos Veciños celebra a súa romaría comarcal este sábado na Finca Tenreiro


Alternativa dos Veciños invita a todos os cidadáns da comarca a participar na romaría que se celebra este sábado 9 de xullo na Finca Tenreiro, en San Pedro de Nós. Trátase dunha festa aberta a toda a cidadanía na que haberá pulpeira, charanga, inchables para os nenos e nenas…

A festa comeza ás 12:00 horas e prolongarase durante todo o día. Haberá mesas e cadeiras para compartir a comida ou comprar directamente alí polbo, churrasco, empanada, bebidas… Amenizará a xornada a Charanga Os Charangos e para os nenos e nenas haberá inchables e xogos populares.